lunes, 9 de noviembre de 2015

De visita por O Grove

Os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, e mentres o pobo se preparaba para a Festa do marisco, os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria sairon do cole para aproveitar tódalas oportunidades de aprender que este acontecemento ofrecía.
Visitamos a Exposición de fotos titulada "Baixamar" sita na sala das cunchas do concello, e que nos servíu de modelo para facer as nosas.
De camiño á exposición paramos no paseo onde estaban a traballar os escultores, alí puidemos ver como realizaban as súas esculturas así como conversar con eles en inglés, para o que nos preparou a profe Mela.
Puidemos ver como traballaban as mariscadoras, e como se vendía o producto na praza.
Pasámolo super ben na viaxe no turitrén, que nos servíu como medio de transporte.
Foi moi divertido, e deixámosvos este video como mostra delo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario