Este curso que comeza mudaremos as nosas travesías mariñeiras por camiños de terra. Tentaremos que a experiencia sexa igual de enriquecedora que a que acabamos de "vivir", introducirémonos en terreo agrícola para seguir investigando, coñecendo, aprendendo, e sobre todo disfrutando. Contamos con todos e todas vós para facelo posible.
Hoxe tocoulles aos meniños, pero un par de semanas atrás abandoaban o cole os nosos inquilinos do acuario. Aproveitando a celebración do día do Medioambiente, 5 de xuño, devolvemos os animais mariños ao seu hábitat, e baixo o lema "Somos Azuis" quixemos poñer o peche a un proxecto, que sen dúbida nos marcou a cada un de nós.
Gran traballo realizado polos alumnos e alumnas de segundo. Primeiro inventando adiviñas relacionadas co proxecto, para despois, coa axuda das súas titoras e da profe Mari, que os apoia en informática, aprender a elaborar fantásticas presentacións. Deixámosvos aquí o seu traballo, porque aparte de estar xenial, vos queremos convidar a xogar con nós.
Impresionante traballo realizado polo alumnado de sexto A, no que a maiores de presentarnos a información obtida nas súas investigacións, nos deleitan cunhas láminas de gran calidade artística. Deixámosvos esta presentación para que poidades disfrutar do traballo, pero non perdades a oportunidade de gozar del na nosa biblioteca.