Hoxe tocoulles aos meniños, pero un par de semanas atrás abandoaban o cole os nosos inquilinos do acuario. Aproveitando a celebración do día do Medioambiente, 5 de xuño, devolvemos os animais mariños ao seu hábitat, e baixo o lema "Somos Azuis" quixemos poñer o peche a un proxecto, que sen dúbida nos marcou a cada un de nós.
Grazas a todos aqueles que o fixéchedes posible.
Ás veces os soños, cúmprense!