miércoles, 14 de septiembre de 2016

Queridos navegantes!!!!

Este curso que comeza mudaremos as nosas travesías mariñeiras por camiños de terra. Tentaremos que a experiencia sexa igual de enriquecedora que a que acabamos de "vivir", introducirémonos en terreo agrícola para seguir investigando, coñecendo, aprendendo, e sobre todo disfrutando.
Contamos con todos e todas vós para facelo posible.


preme na imaxe
http://mansdeterra.blogspot.com.es/

miércoles, 22 de junio de 2016

Arribando a porto

Hoxe tocoulles aos meniños, pero  un par de semanas atrás abandoaban o cole os nosos inquilinos do acuario. Aproveitando a celebración do día do Medioambiente, 5 de xuño, devolvemos os animais mariños ao seu hábitat, e baixo o lema "Somos Azuis" quixemos poñer o peche a un proxecto, que sen dúbida nos marcou a cada un de nós.
Grazas a todos aqueles que o fixéchedes posible. 
Ás veces os soños, cúmprense!

 

Festival Vivir tocando o mar


Vimos de celebrar o Festival "Vivir tocando o mar", no que o alumnado de todo o cole participou deixando constancia das súas dotes musicais.
Agradecer a labor da profe de música Nuria, por agasallarnos con semellante espectáculo.
Moitísimas grazas!!!! e moi bo traballo!!!!!
ARTISTAS!!!!!!

Luns 13: Infantil

 

Martes 14: 1º e 2º

 



Mércores 15: 3º e 4º

 



Xoves 16: 5º e 6º

  


                                                  

Venres 17: SORPRESA!!!!!



 


martes, 21 de junio de 2016

A ver se o adiviñas!!!!

Gran traballo realizado polos alumnos e alumnas de segundo. Primeiro inventando adiviñas relacionadas co proxecto, para despois, coa axuda das súas titoras e da profe Mari, que os apoia en informática, aprender a elaborar fantásticas presentacións.
Deixámosvos aquí o seu traballo, porque aparte de estar xenial, vos queremos convidar a xogar con nós.

viernes, 3 de junio de 2016

A vista de paxaro.

Impresionante traballo realizado polo alumnado de sexto A, no que a maiores de presentarnos a información obtida nas súas investigacións, nos deleitan cunhas láminas de gran calidade artística.
Deixámosvos esta presentación para que poidades disfrutar do traballo, pero non perdades a oportunidade de gozar del na nosa biblioteca.


Noraboa rapaces!!!!! Gran traballo!!!

miércoles, 1 de junio de 2016

Os pequerrechos de cinco anos e o seu traballo sobre Europa

Así de satisfeitos nos mostran os nenos e nenas de cinco anos as súas bandeiras, realizadas con cuncha de berberecho, para conmemorar o día de Europa.














jueves, 19 de mayo de 2016

A Familia Abrelatas visita o noso cole

O pasado venres, os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo, disfrutaron dos obradoiros da Familia Abrelatas, dentro do programa de Ponlle as Pilas ao teu Bocata. Xuntos xogaron, experimentaron e prepararon uns bocatas con ingredientes especiais, as conservas.
No seguinte video deixámosvos momentos que podedes compartir con só darlle ao Play.


miércoles, 18 de mayo de 2016

Periodistas por un día.

O alumnado de 6ºA, ao máis puro estilo periodístico, realizou unhas enquisas a xente relacionada co mundo do mar. Aquí nos deixan unha mostra do seu gran traballo.
 



           
                                                                                                                                                                     
                                                                                                             

lunes, 16 de mayo de 2016

Corredores con sabor a Europa.


Acabamos de celebrar a semana  europea nos corredores do noso cole, para conmemorar o 9 de maio Día de Europa.
Cada aula estaba representada por un país europeo, facendo unha sinxela investigación sobre o mesmo, e presentada nas portas da aula, a través do alfabeto nautico.
Os nosos nenos e nenas andiveron esta semana na procura das pistas para adiviñaren o país dos seus compañeiros, enchendo os nosos corredores de momentos que da gusto ver.



Os nosos compañeiros de sexto B prestáronnos este xogo feito por eles o curso pasado. Foi toda unha sorpresa atoparse con el, e non puidemos deixar de probalo. Pasámolo en grande!!












domingo, 15 de mayo de 2016

Un cole grande, feito de xente moi grande!

Porque un proxecto nútrese das ganas e ilusións de todos os que o forman, hoxe damos as grazas a ese pedazo de equipo que é o EDLG do noso cole. Grazas por crer, grazas por sentir, grazas por "vivir", grazas por facelo posible.



martes, 3 de mayo de 2016

9 de maio: Día de Europa


Nesta data conmemoramos o día de Europa. Para elo diseñamos unha actividade para levar a cabo en todas as aulas de primaria. Consiste en escoller un país europeo por nivel, e facer unha pequena investigación sobre o mesmo, buscando información como a capital, o idioma etc. plasmandoo na ficha que entregamos aos titores.



Unha vez recabada dita información comeza o xogo. Temos que tentar averiguar que país representa a cada un dos niveis. Para complicar un pouquiño a cousa, introducirnos na linguaxe non verbal e relacionalo co proxecto a información recabada vai estar presentada a través do alfabeto nautico, posiblemente na porta de cada titoría. Para descifrar a resposta, presentada con bandeiras, ides ter un mural na cima das escaleiras coa correspondencia entre bandeira e letra.
Cada nivel centraráse na mesma pregunta para todos os países, é dicir, primeiro tentará averiguar que países son o resto dos cursos preguntandolle a todos pola súa capital; segundo, polo seu idioma, e o resto como aparece naficha que vos deixamos máis abaixo.
Esperamos que o pasedes xenial, á vez que coñecedes un chisquiño máis este voso mundo!!.

Bolboretas con ás de ameixa!


 Os nenos e nenas da profe Chefi convertiron as cunchas das ameixas en ás para facer voar as súas bolboretas.

 
Estes pequenos da clase de catro anos de infantil, que o saben todo todiño sobre estes bivalvos, son uns pedazo de artistas!!


























 

Espectacular o resultado!!!!