Partindo
do campo semántico da palabra “mariscadora”, os nosos alumnos deberán
desenvolver unha definición, un pensamento, unha idea, unha emoción… e
expresala, cámara en man, en 21 segundos. E iso... como se fai? Aquí tedes un exemplo feito por alumnas de 3º A!
Grava o teu e entrégallo ao teu profe, o día 4 de marzo pasaremos a recollelo e colgarémolo xunto co dos teus compañeiros.
Anímate! Convence a papá, mamá, xúntate cos amigos, e sorprendédenos coas vosas xeniais ideas.
A principios de febrero os alumnos
de 6º do Valle-Inclán convertéronse en ornitólogos durante unha xornada. Da man da Sociedade
Española de Ornitoloxía aprenderon a distinguir distintas aves polo seu aspecto
e polo son que emiten. Logo dunha clase teórica na que aprenderon a tomar notas
nun caderno de campo, chegou a quenda de poñer en práctica o aprendido,
prismáticos en man, e foron ao Complexo Intermareal Umia-O Grove, a reserva
ornitolóxica máis importante de Galicia e a segunda de España, sendo a máis
extensa do noso país e a única composta de zona marítimo-terrestre. Nesta
localización pódense observar ata 13.000 aves de 220 especies diferentes de
Europa e África. Ademáis, neste lugar tamén podemos atopar especies únicas de
plantas, como cardo leiteiro ou coutiño.
En resumo, convertéronse en
expertos da materia nun lugar privilexiado… ao lado da casa!
Os alumnos e alumnas de 5ºB interpretan, xunto coa profe Olga, esta peza típica do noso folclore. Disfrutádea e se vos animades cantádea, que de seguro que a sabedes!
Este ano no
Valle-Inclán celebrouse o entroido e, para non defraudar á tradición meca,
procuramos estar á altura: disfraces, desfile, festa…e ata unha gañadora no
concurso da vila: a profe Neli!
Pasámolo moi ben, e
o resultado diso podédelo ver na web do centro. Preme na imaxe de abaixo para aceder a ela!
Os nenos e nenas de infantil que traballan coa profe Tere en Atención educativa, volveron a formar equipo con alumnos e alumnas de cuarto, esta vez da clase do profe Ubaldo. Seguimos apostando pola cooperación entre alumnado de diferentes idades, sobre todo á vista dos resultados. Non deixes de botar un ollo!!!
Xa chegou!!!!!!! Xa está aquí!!!!!!! A nosa mascota a Siña Lola trasladouse hoxe a vivir ao acuario Valle Inclán. Os nenos e nenas de primeiro e segundo recibírona entre risas, nervios e emocións. O dire Ramón presentoulle os alumnos e alumnas un a un, e logo acomodouna na nosa peceira. Non nos queda máis que darche a benvida Siña Lola, esperamos aprender moito contigo.
Os alumnos e alumnas de 4ºB pasaron unha sesión de naturais traballando cos seres vivos do noso acuario. Mediron, contaron, observaron, debuxaron...aprenderon! Na seguinte montaxe podedes ver as divertidas fotos que nos deixaron da súa experiencia.