domingo, 29 de noviembre de 2015

Presentámosvos a Serafín.


"El delfín Serafín" compañeiro nas aventuras mariñeiras dos nenos e nenas da clase de cinco anos que este curso "Viven tocando o mar".

6ºA collendo mañas.

Cando os nenos e nenas de Manoli souperon que viña Gogue puxéronse máns a obra. Investigaron sobre o autor e descubriton aos seus personaxes máis distinguidos.
Así ven os de sexto a Floreano e compañía.





viernes, 27 de noviembre de 2015

Museo do Mar e Cinema Submarino - Vigo

O pasado 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos niveis 5º e 6º fumos de excursión a Vigo. Levantámonos cedo, pero valeu a pena. Primeiro visitamos o Museo do Mar de Galicia (ao ladiño da Praia de Samil) un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. En pequenos grupo, desfrutamos da exposición permanente na que puidemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca, e tamén as exposicións temporais. Había moito que ver, e case que non nos dou tempo a velo todo: unha répica en gran tamaño do Beagle, o barco no que viaxou Charles Darwin e que deu lugar á “Orixe das especies”, un esquelete dunha gran balea prehistórica, traxes de buzos de distintas épocas, un acuario no que non lle faltaba un bogavante que mudara a súa coraza ou ata ovos de quenlla…
Despois dunha breve pausa para merendar, volvemos a subirnos no autobús para que nos levara ao centro de Vigo. Alí, xunto con outros coles, asistimos a un enorme auditorio para recrearnos con “O legado das Rías galegas”, un documental que busca comprometérmonos na conservación dás nosas rías. A través del somerxémonos nunha riqueza natural única e sorprendémonos coas estratexias das especies para sobreviviren.
A xornada foi moi productiva, pasámolo moi ben e voltamos con máis ganas de “vivir tocando o mar” un chisquiño máis…

Se premedes na imaxe de abaixo, poderedes aceder ao álbum da saída!


martes, 24 de noviembre de 2015

Deixame ensinarche

Os alumnos e alumnas de 4º B traballaron o curso pasado coa súa profe Laura a elaboración de pulpos de lá. Este curso a profe Tere decidíu embarcarse na aventura cos seus alumnos e alumnas de atención educativa de Infantil.  E como non hai nada mellor que saber dunha cousa para poder ensinala, xuntáronse uns e outro e este foi o resultado.
 


E
X
P
E

T
                           O
                           S                                                   
                                                            EN                                                               PULPOS DE LÁ 


                                             
 
 4ºB e atención educativa
                (Inf)


lunes, 23 de noviembre de 2015

25-N: Elas que son terra firme...

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, durante toda esta semana temos no cole unha exposición baixo o lema “Elas que son terra firme”. As Illas Atlánticas son as nosas protagonistas, e a través deste traballo buscamos coñecelas para, deste xeito, poder coidalas, protexelas e respectalas.


Nesta exposición, sita no espacio interclase dos niveis 1º e 2º poderedes atopar:

- Un mapa do tesouso coas rutas para visitar estas catro Illas: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

- A sús historia a través da literatura;

- Case 300 botellas coas mensaxes que todos os nenos do cole lanzamos ao mar;

- As normas para coidalas e protexelas;

- Diversos libros que xiran en torno ao tema;

- Unha montaxe en vídeo das catro illas, acompañada da voz dos nosos alumnos recitando as súas mensaxes;

- E varias cousas máis…


Sumérxete con nós!


domingo, 22 de noviembre de 2015

Os nenos e nenas de 5 anos querían saber.........

A clase de 5 anos e a súa profe María José estiveron investigando sobre a súa mascota. Descubriron e traballaron as partes do corpo dos golfiños e a súa alimentación.





miércoles, 18 de noviembre de 2015

Os nenos e nenas de segundo unha vez rematada a festa continuaron aproveitando as situacións de aprendizaxe que ela lles ofrecía, e así nolo relatan as súas profes Fefa e Maricarmen



    Despois de facer a viaxe no turitrén e percorrer andando as rúas da Praza do Corgo, continuamos o traballo na aula.

    Aquí aprendimos a interpretar un billete para unha viaxe en autobús: nome da empresa, hora e lugar da saída, nº de andén, prezo...

    Tamén trouxeron, os nenos/as, folletos de prezos da Festa do Marisco e fixemos unha fotocopia para traballar a lectura comprensiva dos mesmos: nº de festa, horarios de caixa, lista de mariscos, prezos, orde alfabética dos alimentos...

    Imaxinamos unha comida todos xuntos na carpa, escollendo un prato para cada un e calculando o total do gasto, cal era p prato máis barato/caro...

    Por último entramos nunha páxina web do municipio de O Grove e fomos vendo as distintas rúas, barrios e zonas, onde viven os nenos/as.
 


sábado, 14 de noviembre de 2015

A clase dos golfiños.
(La clase de los delfines).
    Os nenos e nenas de infantil, metidos de cheo entre nasas, barcos e mariñeiros, escolleron as súas mascotas. A clase da profe María José, de 5 anos, traballará os golfiños, así os seus alumnos/as convertiránse en expertos aprendendoo todo sobre eles, empezando por saber escribir o seu nome. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que traballan.

 

lunes, 9 de noviembre de 2015

De visita por O Grove

Os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, e mentres o pobo se preparaba para a Festa do marisco, os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria sairon do cole para aproveitar tódalas oportunidades de aprender que este acontecemento ofrecía.
Visitamos a Exposición de fotos titulada "Baixamar" sita na sala das cunchas do concello, e que nos servíu de modelo para facer as nosas.
De camiño á exposición paramos no paseo onde estaban a traballar os escultores, alí puidemos ver como realizaban as súas esculturas así como conversar con eles en inglés, para o que nos preparou a profe Mela.
Puidemos ver como traballaban as mariscadoras, e como se vendía o producto na praza.
Pasámolo super ben na viaxe no turitrén, que nos servíu como medio de transporte.
Foi moi divertido, e deixámosvos este video como mostra delo.