O
pasado 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos niveis 5º e 6º fumos de
excursión a Vigo. Levantámonos cedo, pero valeu a pena. Primeiro visitamos o Museo do Mar de Galicia (ao ladiño da Praia
de Samil) un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos galegos
co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. En pequenos grupo,
desfrutamos da exposición permanente na que puidemos ver documentos de vídeo e
audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da
pesca, e tamén as exposicións temporais. Había moito que ver, e case que non
nos dou tempo a velo todo: unha répica en gran tamaño do Beagle, o barco no que
viaxou Charles Darwin e que deu lugar
á “Orixe das especies”, un esquelete
dunha gran balea prehistórica, traxes de buzos de distintas épocas, un acuario no que non lle faltaba un bogavante que mudara a súa coraza ou ata ovos de quenlla…
Despois
dunha breve pausa para merendar, volvemos a subirnos no autobús para que nos
levara ao centro de Vigo. Alí, xunto con outros coles, asistimos a un enorme auditorio
para recrearnos con “O legado das Rías galegas”, un
documental que busca comprometérmonos na conservación dás nosas rías. A través
del somerxémonos nunha riqueza natural única e sorprendémonos coas estratexias
das especies para sobreviviren.
A
xornada foi moi productiva, pasámolo moi ben e voltamos con máis ganas de “vivir tocando o mar” un chisquiño máis…
Se
premedes na imaxe de abaixo, poderedes aceder ao álbum da saída!
No hay comentarios:
Publicar un comentario