Despois de facer a viaxe no turitrén e
percorrer andando as rúas da Praza do Corgo, continuamos o traballo na aula.
Aquí aprendimos a interpretar un billete
para unha viaxe en autobús: nome da empresa, hora e lugar da saída, nº de andén,
prezo...
Tamén trouxeron, os nenos/as, folletos de
prezos da Festa do Marisco e fixemos unha fotocopia para traballar a lectura
comprensiva dos mesmos: nº de festa, horarios de caixa, lista de mariscos,
prezos, orde alfabética dos alimentos...
Imaxinamos unha comida todos xuntos na
carpa, escollendo un prato para cada un e calculando o total do gasto, cal era
p prato máis barato/caro...
Por último entramos nunha páxina web do
municipio de O Grove e fomos vendo as distintas rúas, barrios e zonas, onde
viven os nenos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario