Para conmemorar o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, durante toda esta
semana temos no cole unha exposición baixo o lema “Elas que son terra
firme”. As Illas
Atlánticas son as nosas protagonistas, e a través deste traballo buscamos
coñecelas para, deste xeito, poder coidalas, protexelas e respectalas.
Nesta exposición, sita no espacio interclase dos niveis 1º
e 2º poderedes atopar:
- Un mapa do tesouso coas rutas para visitar estas catro Illas:
Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
- A sús historia a través da literatura;
- Case 300 botellas coas mensaxes que todos os nenos do
cole lanzamos ao mar;
- As normas para coidalas e protexelas;
- Diversos libros que xiran en torno ao tema;
- Unha montaxe en vídeo das catro illas, acompañada da
voz dos nosos alumnos recitando as súas mensaxes;
- E varias cousas máis…
- E varias cousas máis…
Sumérxete con nós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario