miércoles, 25 de mayo de 2016
jueves, 19 de mayo de 2016
A Familia Abrelatas visita o noso cole
O pasado venres, os nenos e nenas de infantil, primeiro e segundo, disfrutaron dos obradoiros da Familia Abrelatas, dentro do programa de Ponlle as Pilas ao teu Bocata. Xuntos xogaron, experimentaron e prepararon uns bocatas con ingredientes especiais, as conservas.
No seguinte video deixámosvos momentos que podedes compartir con só darlle ao Play.
No seguinte video deixámosvos momentos que podedes compartir con só darlle ao Play.
miércoles, 18 de mayo de 2016
Periodistas por un día.
lunes, 16 de mayo de 2016
Corredores con sabor a Europa.
Acabamos de celebrar a semana europea nos corredores do noso cole, para conmemorar o 9 de maio Día de Europa.
Cada aula estaba representada por un país europeo, facendo unha sinxela investigación sobre o mesmo, e presentada nas portas da aula, a través do alfabeto nautico.
Os nosos nenos e nenas andiveron esta semana na procura das pistas para adiviñaren o país dos seus compañeiros, enchendo os nosos corredores de momentos que da gusto ver.
Os nosos compañeiros de sexto B prestáronnos este xogo feito por eles o curso pasado. Foi toda unha sorpresa atoparse con el, e non puidemos deixar de probalo. Pasámolo en grande!!
domingo, 15 de mayo de 2016
Un cole grande, feito de xente moi grande!
Porque un proxecto nútrese das ganas e ilusións de todos os que o forman, hoxe damos as grazas a ese pedazo de equipo que é o EDLG do noso cole. Grazas por crer, grazas por sentir, grazas por "vivir", grazas por facelo posible.
miércoles, 11 de mayo de 2016
martes, 3 de mayo de 2016
9 de maio: Día de Europa
Nesta data conmemoramos o día de Europa. Para elo diseñamos unha actividade para levar a cabo en todas as aulas de primaria. Consiste en escoller un país europeo por nivel, e facer unha pequena investigación sobre o mesmo, buscando información como a capital, o idioma etc. plasmandoo na ficha que entregamos aos titores.
Unha vez recabada dita información comeza o xogo. Temos que tentar averiguar que país representa a cada un dos niveis. Para complicar un pouquiño a cousa, introducirnos na linguaxe non verbal e relacionalo co proxecto a información recabada vai estar presentada a través do alfabeto nautico, posiblemente na porta de cada titoría. Para descifrar a resposta, presentada con bandeiras, ides ter un mural na cima das escaleiras coa correspondencia entre bandeira e letra.
Cada nivel centraráse na mesma pregunta para todos os países, é dicir, primeiro tentará averiguar que países son o resto dos cursos preguntandolle a todos pola súa capital; segundo, polo seu idioma, e o resto como aparece naficha que vos deixamos máis abaixo.
Esperamos que o pasedes xenial, á vez que coñecedes un chisquiño máis este voso mundo!!.
Bolboretas con ás de ameixa!
domingo, 1 de mayo de 2016
Mezclando clases, compartindo experiencias.
Para conmemorar o Día de Europa (9 de maio) estamos a diseñar unha actividade, que xa vos contaremos máis adiante, e para a cal necesitaremos un mural feito coas bandeiras do alfabeto nautico (relacionandoa así con Vivir tocando o mar).
para logo achegarse a cuarto e ensinarlle aos seus compañeiros a facelo. Entre uns e outros xa teñen listo o alfabeto.
En nada vos contamos que imos facer con el.
para logo achegarse a cuarto e ensinarlle aos seus compañeiros a facelo. Entre uns e outros xa teñen listo o alfabeto.
En nada vos contamos que imos facer con el.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)