Do
7 ao 11 de marzo celébrase a Semana da
Prensa, e no Valle Inclán ímonos
a converter en expertos na materia. Temos preparadas varias actividades para
que os nosos alumnos comuniquen nos medios todo o traballo que están a facer.
O
luns día 7 realizaremos unha rolda
de prensa onde, logo de traballar a “entrevista” nas clases, convidamos a
diferentes medios de comunicación para por en práctica o aprendido e contarlles
a nosa travesía…
O
martes día 8 conmemoramos o Día da Muller, o cal llo adicamos ás mariscadoras. Presentaremos os nosos
vídeos de “mariscadoras en 21 segundos”, recibiremos a visita dalgunhas
mulleres deste oficio para que nos conten, de primeira mán, os segredos desta
artesanal tarefa, tan representativo da nosa vila…
O
xoves día 10 un grupo de nenos e nenas do Valle Inclán presentarán o
libro “A cor violeta dos pulpos”, traballo
elaborado por un equipo de mestres do cole que contará coa participación dos
nenos e nenas do cole que fixeron de ilustradores e contadores da historia…
O
venres día 11 completaremos a portada do noso propio xornal no cole, con noticias que contan
todo o traballo realizado durante o curso dende a perspectiva dos propios
protagonistas...
Irémosvos contando máis cousas, estade atentos!