domingo, 24 de enero de 2016

Novedades en "O noso acuario"


Marea Humana para encher un acuario

CANDO UN COLE SE UNE...

Preme na imaxe para ver as novidades do noso acuario!!


miércoles, 20 de enero de 2016

Os peques no acuario e no museo de Salazón de O Grove.

O venres 11 de decembro de 2015, infantil ao completo, coas súas catro profes e a súa inseparable Inés; abandoaron o cole en busca de novos horizontes. Os nosos intrépidos compañeiros, preparados para a aventura, percorreron terras lonxanas.....e tan lonxanas eran que non eran terra senón mar, conquistaron o Acuario de O Grove e o museo de Salazón.
Participaron, expertos eles, en talleres de pesca, e deixáronnos innumerables instantáneas ás que podedes aceder premendo na imaxe.

domingo, 17 de enero de 2016

Xa temos nome para as nosas mascotas!

Despois dun mes de enquisas, visitas ao blog, participación… xa podemos dicir que temos gañadores! A enquisa tivo un final trepidante, os últimos días de votacións foron frenéticos, un verdadeiro sprint final que nada envexa aos das grandes competicións; actividade ata o último minuto, recurrindo ás redes sociais, aos primos de Viveiro, á familia de Andorra, aos tíos do Brasil… todo o que estaba nas súas máns para rematar unha enquisa con máis de 600 votos!

 Como rezaban as normas deste peculiar concurso, os nomes máis votados serían os escollidos para as nosas mascotas, por iso agora temos o inmenso pracer de presentarvos a…


e a...




Estes son os resultados da enquisa:



Graciñas a todos!

Os nenos e nenas de tres anos cantandolle ao mar

Que sería dun proxecto sen a súa banda sonora? Grazas á profe de música, Olga, e aos nosos cangrexiños de tres anos, así soa hoxe "Vivir tocando o mar"


jueves, 14 de enero de 2016

Din que en O Grove cómese ben...

E iso que non coñecen á canteira que temos!!

Preparádevos para degustar os mellores pratos deseñados polos nosos alumn@s.


Premede na pestana "Super Chefs" ou na imaxe.