Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!!
O acuario queda con nós ata fin de curso.
O alcalde respondeu á carta que lle enviaron os nenos e nenas de primeiro e segundo curso.
Podemos quedar con el, sempre e cando coidemos os animais e o manteñamos limpo.
Dende o noso cole, e os nenos e nenas de primerio e segundo en especial: MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!!!
viernes, 11 de marzo de 2016
miércoles, 9 de marzo de 2016
Rolda de Prensa Invertida
martes, 8 de marzo de 2016
8 de marzo: Día da Muller
Desexamos adicarlle este día a unhas das mulleres máis importantes da nosa vila: as mariscadoras. Para elo, os nosos nenos e nenas, cámara en man, fixeron esta singular homenaxe.
Preme na imaxe para aceder á pestana.
Preme na imaxe para aceder á pestana.
domingo, 6 de marzo de 2016
Non queremos que marche todavía!!!
O traballo relacionado co acuario do cole, estaba programado para este segundo trimestre, pero ante a noticia de que esta aventura chegaba ao seu fin, os nenos e nenas de 1º e 2º decidiron escribir unha carta ao Sr. alcalde para que nolo prestase por máis tempo.
O Grove a 3 de marzo de 2016
Sr. Alcalde:
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º, do colexio CEIP Valle-Inclán, queriamos pedirlle por favor, si pudera ser, quedarnos co acuario ata que acabe o curso. Gústannos os animais, disfrutamos e aprendemos moito deles. E ainda queremos aprender moito máis... Ademáis cada día sorprendennos con novos bichiños!! Pensamos que é un acuario moi grande, os animais teñen moito espazo e viven cómodos...Paco ponlles comida e todos nós axudamos a cambiarlle a auga.

Moitas grazas e esperamos que nos cumpla este desexo.
Unha cordial aperta.
Nenos e nenas de 1º e 2º.

sábado, 5 de marzo de 2016
Semana da Prensa
Do
7 ao 11 de marzo celébrase a Semana da
Prensa, e no Valle Inclán ímonos
a converter en expertos na materia. Temos preparadas varias actividades para
que os nosos alumnos comuniquen nos medios todo o traballo que están a facer.
O
luns día 7 realizaremos unha rolda
de prensa onde, logo de traballar a “entrevista” nas clases, convidamos a
diferentes medios de comunicación para por en práctica o aprendido e contarlles
a nosa travesía…
O
martes día 8 conmemoramos o Día da Muller, o cal llo adicamos ás mariscadoras. Presentaremos os nosos
vídeos de “mariscadoras en 21 segundos”, recibiremos a visita dalgunhas
mulleres deste oficio para que nos conten, de primeira mán, os segredos desta
artesanal tarefa, tan representativo da nosa vila…
O
xoves día 10 un grupo de nenos e nenas do Valle Inclán presentarán o
libro “A cor violeta dos pulpos”, traballo
elaborado por un equipo de mestres do cole que contará coa participación dos
nenos e nenas do cole que fixeron de ilustradores e contadores da historia…
O
venres día 11 completaremos a portada do noso propio xornal no cole, con noticias que contan
todo o traballo realizado durante o curso dende a perspectiva dos propios
protagonistas...
Irémosvos contando máis cousas, estade atentos!
jueves, 3 de marzo de 2016
Un grupiño de ARTISTAS!!!!!!
Hoxe o alumnado de sexto B agasallounos con esta obra plástica. Todo un traballo realizado en equipo, para o cal quedamos sen palabras. Simplemente.....GRAZAS chic@s!
Última parte do proceso, traballando con area.
Así comenzaba o traballo
Última parte do proceso, traballando con area.
E velaquí o resultado!
Espectacular!!!
miércoles, 2 de marzo de 2016
Coñecendo O Grove. Traballo do alumnado de 6º
Os nenos e nenas de sexto estiveron traballando, dentro do bloque de "Coñecer O Grove", pertencente ó primeiro trimestre, as posibilidades que a súa localidade ofrecía.
Despois de investigar e recabar información preséntannos os seus traballos a través dunha exposición plástica nos corredores do seu interclase. Aquí vos deixamos unha mostra, pero non vos perdades a ocasión de pasar a vela.
Probaches todo o que se pode facer en O Grove? Estás convidado!!!
Despois de investigar e recabar información preséntannos os seus traballos a través dunha exposición plástica nos corredores do seu interclase. Aquí vos deixamos unha mostra, pero non vos perdades a ocasión de pasar a vela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)