domingo, 1 de mayo de 2016

Mezclando clases, compartindo experiencias.

Para conmemorar o Día de Europa (9 de maio) estamos a diseñar unha actividade, que xa vos contaremos máis adiante, e para a cal necesitaremos un mural feito coas bandeiras do alfabeto nautico (relacionandoa así con Vivir tocando o mar).
 

O grupo de sexto B no seu traballo coas áreas en matemáticas aprendeu a debuxar as bandeiras,
para logo achegarse a cuarto e ensinarlle aos seus compañeiros a facelo. Entre uns e outros xa teñen listo o alfabeto.

 

 En nada vos contamos que imos facer con el.



Rincóns do mar nas aulas de Infantil



 Os nosos pequerrechos xa veñen demostrando ao longo de todo o curso as diferentes actividades e investigacións que realizan sobre os habitantes do mar.

 Aproveitan agora para ensinarnos os rincóns que crearon coas aportacións das familias.
 Entre xoguetes, libros de información, contos e rompecabezas...
 ...estes pequenos grumetes crean as súas experiencias marítimas.

lunes, 25 de abril de 2016

Presentación do libro "Un mar de refráns"

Aproveitando á celebración da semana do libro o alumnado de 5ºB ven de presentar o traballo realizado coa súa profe Lía, "Un mar de refráns", un libro que contén os refráns recollidos polos nenos e nenas nas súas familias e entorno, así como buscados na rede. 
E para facelo aínda un chisquiño máis especial, adaptaron algúns vocablos a pictos, de tal xeito que non só se trata de atoparlle o significado oculto, se non que tamén hai que atoparlle o xeito.

Deixámosvos aquí un trociño da sua presentación, para que poidades apreciar canto traballaron.


Tamén unhas fotiños dos diferentes actos de presentación. Uns artistazas!!!!