domingo, 28 de febrero de 2016

Mariscadoras no s:XXI... mariscadoras en 21 s.

Partindo do campo semántico da palabra “mariscadora”, os nosos alumnos deberán desenvolver unha definición, un pensamento, unha idea, unha emoción… e expresala, cámara en man, en 21 segundos.

E iso... como se fai? Aquí tedes un exemplo feito por alumnas de 3º A!



Grava o teu e entrégallo ao teu profe, o día 4 de marzo pasaremos a recollelo e colgarémolo xunto co dos teus compañeiros.

Anímate! Convence a papá, mamá, xúntate cos amigos, e sorprendédenos coas vosas xeniais ideas.

Recorda! Tes 21segundos!!! 

sábado, 27 de febrero de 2016

Vivir tocando o mar... dende o aire!

A principios de febrero os alumnos de 6º do Valle-Inclán convertéronse en ornitólogos durante unha xornada. Da man da Sociedade Española de Ornitoloxía aprenderon a distinguir distintas aves polo seu aspecto e polo son que emiten. Logo dunha clase teórica na que aprenderon a tomar notas nun caderno de campo, chegou a quenda de poñer en práctica o aprendido, prismáticos en man, e foron ao Complexo Intermareal Umia-O Grove, a reserva ornitolóxica máis importante de Galicia e a segunda de España, sendo a máis extensa do noso país e a única composta de zona marítimo-terrestre. Nesta localización pódense observar ata 13.000 aves de 220 especies diferentes de Europa e África. Ademáis, neste lugar tamén podemos atopar especies únicas de plantas, como cardo leiteiro ou coutiño.


En resumo, convertéronse en expertos da materia nun lugar privilexiado… ao lado da casa!

Preme na imaxe para aceder ao álbum.




domingo, 21 de febrero de 2016

Unha nova actuación musical

Os alumnos e alumnas de 5ºB interpretan, xunto coa profe Olga, esta peza típica do noso folclore. Disfrutádea e se vos animades cantádea, que de seguro que a sabedes!


miércoles, 17 de febrero de 2016

Entroido no Valle-Inclán!


Este ano no Valle-Inclán celebrouse o entroido e, para non defraudar á tradición meca, procuramos estar á altura: disfraces, desfile, festa…e ata unha gañadora no concurso da vila: a profe Neli!

Pasámolo moi ben, e o resultado diso podédelo ver na web do centro. Preme na imaxe de abaixo para aceder a ela!


lunes, 8 de febrero de 2016

sábado, 6 de febrero de 2016

Traballando a Paz entre infantil e cuarto A

Os nenos e nenas de infantil que traballan coa profe Tere en Atención educativa, volveron a formar equipo con alumnos e alumnas de cuarto, esta vez da clase do profe Ubaldo.
Seguimos apostando pola cooperación entre alumnado de diferentes idades, sobre todo á vista dos resultados. Non deixes de botar un ollo!!!


jueves, 4 de febrero de 2016

Benvida Siña Lola


Xa chegou!!!!!!! Xa está aquí!!!!!!!
 A nosa mascota a Siña Lola trasladouse hoxe a vivir ao acuario Valle Inclán. Os nenos e nenas de primeiro e segundo recibírona entre risas, nervios e emocións. O dire Ramón presentoulle os alumnos e alumnas un a un, e logo acomodouna na nosa peceira.
Non nos queda máis que darche a benvida Siña Lola, esperamos aprender moito contigo.

  Grazas Fefa, por facelo posible.

lunes, 1 de febrero de 2016

Naturais coas mans molladas.

Os alumnos e alumnas de 4ºB pasaron unha sesión de naturais traballando cos seres vivos do noso acuario. Mediron, contaron, observaron, debuxaron...aprenderon! Na seguinte montaxe podedes ver as divertidas fotos que nos deixaron da súa experiencia.