
Elas que
son terra firme.
Preme na imaxe para ver o álbum de fotos:
Vídeos:
Para coñecelas...
Información de interese do
Parque Nacional das Illas Atlánticas:
(preme nas imaxes)
Para coñecelas un pouco máis…
Elas nos libros.
Cousiñas que agochaban
Historias para os máis pequechos.
"Mamá cóntame un conto. Un conto de piratas, trasnos e tesouros... Papá cóntame un conto, un conto delas!"
Cousiñas que agochaban
Elas que son terra firme.
O misterio do submarino nazi das illas Cíes.
Ons: Acampada paradisíaca
A Illa de Sálvora volve estar no mapa
Cortegada: a illa dos laureis.
Ons: Acampada paradisíaca
A Illa de Sálvora volve estar no mapa
Cortegada: a illa dos laureis.
Os fondos mariños agochan os tesouros destas illas

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Altánticas.
Aquí está a mellor praia do
mundo. E non o dicimos nós, dio o xornal The Guardian. É a praia de Rodas nas
illas Cíes. Augas cristalinas e tranquilas, area fina e dourada, unha suxestiva
forma de media lúa e, protexendo a praia, un bosque de piñeiros que convidan á
sesta.
Os organismos mariños

Principais grupos animais que habitan no medio mariño
Crustáceos. Artrópodos mariños, posúen un
caparazón de quitina que protexe o corpo e que mudan por completo para poder
crecer. Aquí inclúense animais como os percebes, pulgas de mar, cochinillas
mariñas, cangrexos, camaróns e outros similares.
Moluscos. É o grupo de invertebrados
mariños máis diverso. Son animais con corpo brando envolto por unha membrana
chamada manto que segrega a cuncha (nalgúns reducida, interna ou inexistente).
Inclúense aquí os bivalvos como o mexillón, os gasterópodos como os bígaros, os
cefalópodos como o polbo e a lura, ou as babosas mariñas.
Pesca
En augas do Parque Nacional tan
só está permitida a pesca artesanal de carácter tradicional. A súa actividade
recolle unha gran diversidade de aparellos que o uso e tradición souberon crear
de forma adecuada para case cada especie para capturar:

Artes menores de enmalle:
formados por un ou máis panos de rede armados (betas, miños, trasmallos, etc.),
con elas péscase gran variedade de peces e crustáceos- rodaballo, abadexo,
maragota, raia, faneca, linguado, centolla , boi, lagosta, lubrigante e choco.
Artes menores de palangre ou
anzol:
ü Liña: constituído por unha liña ?sedela- nai que penden
sedelas con anzol.
ü Palangrillos. Aparellos de anzol que constan dun cabo nai do
que penden brazoladas verticais.
ü Curricán: aparello de anzol horizontal que se remolca por
unha embarcación.
Estas tres artes pescan especies
pelágicas segundo tipos de anzol: caballa, sargos, maragota,...
ü Potera: liña vertical cunha varilla, no seu extremo inferior
provisto de varios anzois. Para lura ou pota como se coñece aquí.
Trampas: útiles de pesca que se
calan fixos ao fondo e actúan a modo de trampa para a captura de moluscos ou
crustáceos
ü Nasas: en forma de cesto compostas por un armazón ríxido
recuberto de rede, provistas dunha ou máis aberturas ou bocas. Emprégase sobre
todo para os crustáceos, como lagosta, bogavante, centolas, boi, nécoras,
camarón.
Os poboadores das illas
utilizaron sempre técnicas artesanais para a explotación do mar. O carácter
tradicional desta actividade é, polos seus valores culturais, ecolóxicos e
económicos, a única que fai posible a compatibilidade entre a explotación e a
conservación o medio mariño; e, por tanto, a única permitida no Parque
Nacional.
Marisqueo
Son as illas, pola variedade dos
seus ecosistemas- cantiis, areais, fondos de cuncha-, territorio de abundantes
mariscos ben coñecidos polos insulars e xentes da costa. Existen distintas
técnicas de captura segundo as especies:
Marisqueo a pé: durante a
baixamar na zona intermareal, con sinxelos azadones para recolección de ameixa,
berberecho, ou nos cantiles con pas adaptadas para o percebe.
Marisqueo á boia: con
embarcacións e distintas artes.
ü Con Raño ou endeño- vara longa que termina nun anciño con
cubeta.- ameixas, vieira.
ü Con nasas- especie de caixa feita con rede na que quedan
retidos a exemplares- nécora, ...
ü Outros: mediante mergullo a pulmón ou con uso controlado de
compresores.- orella de mar, navalla, ourizo...
Estas técnicas aseguran a
selectividade nas capturas polo que só é necesario o control das
características das capturas para asegurar a sustentabilidade da explotación.
Turismo
O crecente interese turístico
por estas singulares illas nos 60 derivou nunha gran afluencia de visitantes
durante os anos 70 e 80. Por sorte, grupos con intereses conservacionistas
estudaron os efectos destes novos turistas que chegaban por terra e por mar,
deixaban residuos, e cuxas acampadas provocaban molestia nas especies
existentes e a proliferación de novas introducidas.
A biodiversidade estaba
desprotexida en todos os seus hábitats, e a administración iniciou os estudos
para a súa protección. Nestes momentos a regulación do uso público ten como
obxectivo a conservación desta particular contorna.
A información sobre os valores
naturais e culturais deste parque indican ao turista como comportarse,
facéndolle responsable e partícipe da súa conservación.
Pesca sustentable: unha alternativa viable.
Nestes momentos a nivel mundial o
87% das poboacións pesqueiras están plenamente explotadas ou sobreexplotadas.
Os fondos mariños das Illas Atlánticas albergan unha gran riqueza que
contribuíu a soster ás poboacións próximas a elas a través da pesca e o
marisqueo. Estes foron, na maioría dos casos, unha
pesca e un marisqueo artesanais, a pequena escala e máis respectuosos co medio
ambiente que a pesca industrial, xa que as capturas son máis reducidas e
selectivas. Os obxectivos actuais no Parque Nacional son:ü a determinación das artes de
pesca e do número de capturas que se consideran compatibles coa conservación
ü a zonificación mariña, que
regularía os distintos usos (navegación, fondeo, submarinismo, pesca,?) e
incluiría zonas de reserva integral nas que non se permitiría ningún uso e que
actuarían como viveiro natural que axude mesmo á rexeneración dos ecosistemas
mariños externos ao Parque.
A regulación da pesca no Parque Nacional non só fai posible a
conservación e o uso sustentable, senón que redunda en beneficios económicos e
sociais para toda a comunidade da contorna, converténdose nun factor de
cohesión social e nun dos instrumentos de xestión máis poderosos.
OBXECTIVO: Coñecemento para a Conservación
As illas son un referente
natural e cultural de gran valor, o seu uso e conservación determinará o seu
futuro e, nisto, estamos todos implicados. A historia e o estudo deste
patrimonio amósannos as súas debilidades e fortalezas, e en consecuencia
debemos actuar.
As actividades que actualmente
se desenvolven no parque nacional recollen os usos tradicionais de outrora,
estúdase o seu coñecemento e trátase de poñelas en valor para a protección do
patrimonio natural e cultural deste espazo tan singular.
Agora tócache a ti…
Xa sabes moito sobre as Illas Atlánticas, e no mural
do cole podes atopar máis información, pero… o que máis nos interesa é qué
podemos facer para coidalas, protexelas e respectalas. Escribe unha mensaxe
nunha botella e tíraa ao mar, preto do noso mapa do tesouro, para que quen a
lea, poida axidarnos a conservar tan valioso tesouro. Anímate!
No hay comentarios:
Publicar un comentario