miércoles, 22 de junio de 2016

Arribando a porto

Hoxe tocoulles aos meniños, pero  un par de semanas atrás abandoaban o cole os nosos inquilinos do acuario. Aproveitando a celebración do día do Medioambiente, 5 de xuño, devolvemos os animais mariños ao seu hábitat, e baixo o lema "Somos Azuis" quixemos poñer o peche a un proxecto, que sen dúbida nos marcou a cada un de nós.
Grazas a todos aqueles que o fixéchedes posible. 
Ás veces os soños, cúmprense!

 

Festival Vivir tocando o mar


Vimos de celebrar o Festival "Vivir tocando o mar", no que o alumnado de todo o cole participou deixando constancia das súas dotes musicais.
Agradecer a labor da profe de música Nuria, por agasallarnos con semellante espectáculo.
Moitísimas grazas!!!! e moi bo traballo!!!!!
ARTISTAS!!!!!!

Luns 13: Infantil

 

Martes 14: 1º e 2º

 



Mércores 15: 3º e 4º

 



Xoves 16: 5º e 6º

  


                                                  

Venres 17: SORPRESA!!!!!



 


martes, 21 de junio de 2016

A ver se o adiviñas!!!!

Gran traballo realizado polos alumnos e alumnas de segundo. Primeiro inventando adiviñas relacionadas co proxecto, para despois, coa axuda das súas titoras e da profe Mari, que os apoia en informática, aprender a elaborar fantásticas presentacións.
Deixámosvos aquí o seu traballo, porque aparte de estar xenial, vos queremos convidar a xogar con nós.

viernes, 3 de junio de 2016

A vista de paxaro.

Impresionante traballo realizado polo alumnado de sexto A, no que a maiores de presentarnos a información obtida nas súas investigacións, nos deleitan cunhas láminas de gran calidade artística.
Deixámosvos esta presentación para que poidades disfrutar do traballo, pero non perdades a oportunidade de gozar del na nosa biblioteca.


Noraboa rapaces!!!!! Gran traballo!!!

miércoles, 1 de junio de 2016

Os pequerrechos de cinco anos e o seu traballo sobre Europa

Así de satisfeitos nos mostran os nenos e nenas de cinco anos as súas bandeiras, realizadas con cuncha de berberecho, para conmemorar o día de Europa.