miércoles, 30 de diciembre de 2015

A clase das Ameixas vos desexa un Bo Nadal!

Os nenos e nenas da profe Chefi, de catro anos, felicítannos cos seus particulares noeles, e como non podía ser doutro xeito con cunchiñas de mar.



martes, 29 de diciembre de 2015

Profe, queremos saber...

...Por qué sube e baixa a marea?

e  a profe Lía contestou "todo depende da lúa", 
e investigando investigando, 
unha ollada ao universo botaron, 
e co sistema solar toparon.

 

Un futuro por construír, unha escola de arquitectos/as

Os nenos e nenas da clase do profe Oscar construíron unha batea, que agora loce colgada no pasillo do cole. Este aula de 6ºB, púxose mans á obra logo de indagar sobre o cultivo do mexilón e visitar o Museo do Mar en Vigo.


miércoles, 23 de diciembre de 2015

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

SODES OS MELLORES!!!!!!!! SABÍAMOS QUE PODÍAMOS CONTAR CON VÓS, FAMILIAS!!!! E coma sempre superáchedes as nosas expectativas. MIL, MIL, MIL GRAZAS.

O 16 de decembro converteuse nun día de festa, os nenos e nenas do noso cole reivindicaron os dereitos que como persoas temos, e correron unha carreira simbólica na que cada km tiña un prezo. As familias adoptaron  o papel de patrocinadores destes grandes corredores e aportaron a parte económica do acto. Constituíndo unha máis que xenerosa colaboración.

Cada curso correu os metros que os  mestres especialistas en ed. Física asignaron atendendo ás capacidades dos alumnos/as, e realizou a lectura dun artigo dos Dereitos Humanos traballado na clase,  para elo levaban uns dorsais co nome elixido por cada grupo aula para o seu equipo, quedando a lista de participantes cun sabroso sabor a mar.

4ºEd Infantil---Cangrexos                                       
5ºEd Infantil---Ameixas
 










6ºEd Infantil--Golfiños

1ºA--------Salmóns

 






1ºB--------Luras
2ºA--------Mexilóns
 






2ºB----Tiburóns
 
3ºA--------Marlíns
 








3ºB--------Nocras
 

4ºA--------Golfiños Mariños
 





4ºB--------Polbos Corredores
 


5ºA--------Xardas do Grove
 






5ºB--------Os Camaróns
6ºA--------Linguados
 




6ºB--------Vieiras


 Como non podía ser doutro xeito, un día tan especial, quedou recollido nun video grabado e editado polo noso compañeiro, o mestre Alejandro, preme na imaxe para velo...........e atento/a ao final do mesmo, porque os profes non podíamos ser menos!.





 Mil grazas, familias! É un pracer contar con vós no equipo.








martes, 22 de diciembre de 2015

Tarefa: Coñecemos O Grove.

O grupo da profe Lía, 5ºB, investigou, posto que así lle correspondía ao seu nivel, sobre as posibilidades de ocio no noso pobo, coa intención de dalo a coñecer a outras xentes.
Esta profe introducíu o mundo dos mapas mentais nos seus alumnos como método de sínteses e técnica de estudo. Se queres botarlle un ollo ao resultado, pica no enlace de abaixo.


 

lunes, 21 de diciembre de 2015

Contámosvos a nosa visita á praia.

Os alumnos/as de cuarto B, cóntannos coas súas palabras como foi a excursión que fixemos á praia o 17 de novembro.

 Aquí vos deixamos o álbum de fotos para que poidades ver o ben que o pasamos.


E tamén un video coa mostra do traballo e coa carreira de cangrexos (neste aconsellámosvos que tapedes os oídos : )

sábado, 19 de diciembre de 2015

Bo Nadal!

De parte de todo o profesorado do cole, e utlizando un traballo realizado polos alumnos/as da sección bilingüe coa profe Silvia, desexamos que teñades unhas

FELICES FESTAS

 

lunes, 14 de diciembre de 2015

E agora é o turno de 5ºB

Os nenos e nenas da profe Lía investigaron sobre a traxectoria artística do noso veciño e amigo Gogue, e decidiron que, utilizando un ton en clave de humor, fosen os personaxes creados por el, os que contasen toda a información recollida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

sábado, 12 de diciembre de 2015

Investigando as Illas Atlánticas.

Como parte do traballo de "Elas que son terra firme", os nenos e nenas de cuarto B realizaron unha investigación sobre as catro illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Aproveitando a circunstancia catro equipos catro illas, formamos os grupos de expertos que, unha vez rematada a investigación, tiñan que expoñer o seu traballo aos demáis equipos.
En primeiro lugar, documentación, para o cal utilizamos os recursos aportados polos equipos de mestres no blog do proxecto e a nosa sesión semanal de biblioteca.










  Na nosa aula, elaboramos os carteis que nos ían servir como soporte á hora de expoñer.


























Este foi o resultado dos carteis:




 Por último, o ensaio do discurso e posta en escea, xa que os nosos compañeiros de carto A e sextos, se brindaron a acudir como público da nosa conferencia. Pero iso.....é outro capítulo que vos contaremos próximamente e para o que contamos con videos!

jueves, 10 de diciembre de 2015