miércoles, 23 de diciembre de 2015

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

SODES OS MELLORES!!!!!!!! SABÍAMOS QUE PODÍAMOS CONTAR CON VÓS, FAMILIAS!!!! E coma sempre superáchedes as nosas expectativas. MIL, MIL, MIL GRAZAS.

O 16 de decembro converteuse nun día de festa, os nenos e nenas do noso cole reivindicaron os dereitos que como persoas temos, e correron unha carreira simbólica na que cada km tiña un prezo. As familias adoptaron  o papel de patrocinadores destes grandes corredores e aportaron a parte económica do acto. Constituíndo unha máis que xenerosa colaboración.

Cada curso correu os metros que os  mestres especialistas en ed. Física asignaron atendendo ás capacidades dos alumnos/as, e realizou a lectura dun artigo dos Dereitos Humanos traballado na clase,  para elo levaban uns dorsais co nome elixido por cada grupo aula para o seu equipo, quedando a lista de participantes cun sabroso sabor a mar.

4ºEd Infantil---Cangrexos                                       
5ºEd Infantil---Ameixas
 










6ºEd Infantil--Golfiños

1ºA--------Salmóns

 






1ºB--------Luras
2ºA--------Mexilóns
 






2ºB----Tiburóns
 
3ºA--------Marlíns
 








3ºB--------Nocras
 

4ºA--------Golfiños Mariños
 





4ºB--------Polbos Corredores
 


5ºA--------Xardas do Grove
 






5ºB--------Os Camaróns
6ºA--------Linguados
 




6ºB--------Vieiras


 Como non podía ser doutro xeito, un día tan especial, quedou recollido nun video grabado e editado polo noso compañeiro, o mestre Alejandro, preme na imaxe para velo...........e atento/a ao final do mesmo, porque os profes non podíamos ser menos!.





 Mil grazas, familias! É un pracer contar con vós no equipo.








6 comentarios:

  1. Noraboa a todos os compis!!!! Que ben o pasamos.....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cun equipo así é moito máis emocionante esta aventura. Grazas por estar ahí!

      Eliminar
  2. Respuestas
    1. Moitísimas grazas!!! Encántanos saber que nos seguides tan de cerca.

      Eliminar