lunes, 28 de marzo de 2016

Un mar de Refráns

Os alumnos e alumnas de 5ºB, máis a súa profe Lía, fixeron unha recollida dos refráns relacionados co mar. Para iso preguntaron aos maiores do entorno, avós, avoas, tíos, e demáis familias. Tantos conseguiron reunir que decidiron elaborar un libriño que pasará a formar parte da nosa biblio, para así todo aquel que queira o poida ir mirar.
A quen vos recorda a forma do libro????
Preme nas imaxes para poder ler todos os refráns.


https://goo.gl/photos/EPiERfbJER3aypR76


https://goo.gl/photos/EPiERfbJER3aypR76
 

domingo, 27 de marzo de 2016

sábado, 26 de marzo de 2016

Enquisa realizada polo alumnado de 6ºA

Os alumnos e alumnas da profe Manoli aplicaron as matemáticas que estaban a aprender para coñecer datos sobre a nosa alimentación en relación ao peixe. 
Fantástico traballo chicos!!!!!!

                                  






domingo, 20 de marzo de 2016

viernes, 18 de marzo de 2016

EXTRA...EXTRA!!!!

NOVIDADES NO VALLE INCLÁN

    A portada simbólica do noso xornal en primicia.

 O Eco do Mar, edición limitada, acaba de ver a luz para conmemorar a semana da prensa escolar. Nesta portada, elaborada por todos os cursos do centro, recóllense aquelas novas de interese sobre o noso traballo en "Vivir tocando o mar".  










 

viernes, 11 de marzo de 2016

A cor violeta dos pulpos

"A cor violeta dos pulpos" naceu como unha historia para os nosos nenos, a temática era preciso abordala e os personaxes non podían ser outros, pero tratábase de algo incompleto que se foi construíndo coas aportacións dos profesionais que hoxe temos aquí, ata chegar a ser a obriña que podemos ver...



Podes aceder ás noticias onde aparece o Libro dos nen@s do Valle Inclán premendo en "Mediateca".

   

   

   

     




Podes aceder ao álbum premendo na portada do libro A cor violeta dos pulpos...



Hoxe tivemos carta!!!!!!!

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!!

O acuario queda con nós ata fin de curso.

O alcalde respondeu á carta que lle enviaron os nenos e nenas de primeiro e segundo curso.

Podemos quedar con el, sempre e cando coidemos os animais e o manteñamos limpo.

Dende o noso cole, e os nenos e nenas de primerio e segundo en especial: MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!!!

miércoles, 9 de marzo de 2016

Rolda de Prensa Invertida

http://vivirtocandoomar.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa.html

http://vivirtocandoomar.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa.html


http://vivirtocandoomar.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa.html                                                                      Aquí tedes ao noso interclase de primeiro e segundo con todo preparado...Se queredes ver o que alí aconteceu, premede en calquera imaxe.    http://vivirtocandoomar.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa.html

martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo: Día da Muller

Desexamos adicarlle este día a unhas das mulleres máis importantes da nosa vila: as mariscadoras. Para elo, os nosos nenos e nenas, cámara en man, fixeron esta singular homenaxe.

Preme na imaxe para aceder á pestana.



domingo, 6 de marzo de 2016

Non queremos que marche todavía!!!

O traballo relacionado co acuario do cole, estaba programado para este segundo trimestre, pero ante a noticia de que esta aventura chegaba ao seu fin, os nenos e nenas de 1º e 2º decidiron escribir unha carta ao Sr. alcalde para que nolo prestase por máis tempo.


O Grove a 3 de marzo de 2016
Sr. Alcalde:
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º, do colexio CEIP Valle-Inclán, queriamos pedirlle por favor, si pudera ser, quedarnos co acuario ata que acabe o curso. Gústannos os animais, disfrutamos e aprendemos moito deles. E ainda queremos aprender moito máis... Ademáis cada día sorprendennos con novos bichiños!! Pensamos que é un acuario moi grande, os animais teñen moito espazo e viven cómodos...Paco ponlles comida e todos nós axudamos a cambiarlle a auga.










 Moitas grazas e esperamos que nos cumpla este desexo.
Unha cordial aperta.
Nenos e nenas de 1º e 2º.

sábado, 5 de marzo de 2016

Semana da Prensa

  Do 7 ao 11 de marzo celébrase a Semana da Prensa, e no Valle Inclán ímonos a converter en expertos na materia. Temos preparadas varias actividades para que os nosos alumnos comuniquen nos medios todo o traballo que están a facer.

  O luns día 7 realizaremos unha rolda de prensa onde, logo de traballar a “entrevista” nas clases, convidamos a diferentes medios de comunicación para por en práctica o aprendido e contarlles a nosa travesía…
  O martes día 8 conmemoramos o Día da Muller, o cal llo adicamos ás mariscadoras. Presentaremos os nosos vídeos de “mariscadoras en 21 segundos”, recibiremos a visita dalgunhas mulleres deste oficio para que nos conten, de primeira mán, os segredos desta artesanal tarefa, tan representativo da nosa vila…
  O xoves día 10 un grupo de nenos e nenas do Valle Inclán presentarán o libro “A cor violeta dos pulpos”, traballo elaborado por un equipo de mestres do cole que contará coa participación dos nenos e nenas do cole que fixeron de ilustradores e contadores da historia…
  O venres día 11 completaremos a portada do noso propio xornal no cole, con noticias que contan todo o traballo realizado durante o curso dende a perspectiva dos propios protagonistas...


Irémosvos contando máis cousas, estade atentos!

jueves, 3 de marzo de 2016

Un grupiño de ARTISTAS!!!!!!

Hoxe o alumnado de sexto B agasallounos con esta obra plástica. Todo un traballo realizado en equipo, para o cal quedamos sen palabras. Simplemente.....GRAZAS chic@s!

Así comenzaba o traballo 



 Última parte do proceso, traballando con area.

 









 




E velaquí o resultado!    

 Espectacular!!!

miércoles, 2 de marzo de 2016

Coñecendo O Grove. Traballo do alumnado de 6º

Os nenos e nenas de sexto estiveron traballando, dentro do bloque de "Coñecer O Grove", pertencente ó primeiro trimestre, as posibilidades que a súa localidade ofrecía.
Despois de investigar e recabar información preséntannos os seus traballos a través dunha exposición plástica nos corredores do seu interclase. Aquí vos deixamos unha mostra, pero non vos perdades a ocasión de pasar a vela.












Probaches  todo o que se pode facer en O Grove? Estás convidado!!!