lunes, 25 de abril de 2016

Presentación do libro "Un mar de refráns"

Aproveitando á celebración da semana do libro o alumnado de 5ºB ven de presentar o traballo realizado coa súa profe Lía, "Un mar de refráns", un libro que contén os refráns recollidos polos nenos e nenas nas súas familias e entorno, así como buscados na rede. 
E para facelo aínda un chisquiño máis especial, adaptaron algúns vocablos a pictos, de tal xeito que non só se trata de atoparlle o significado oculto, se non que tamén hai que atoparlle o xeito.

Deixámosvos aquí un trociño da sua presentación, para que poidades apreciar canto traballaron.


Tamén unhas fotiños dos diferentes actos de presentación. Uns artistazas!!!!

 







































 

miércoles, 20 de abril de 2016

Novo mural na interclase de segundos

Creación dun mural mariño imitando o campo e o mar. Utilizamos area propia da praia e pegámoslla ao mural. Na zona do mar pegamos bateas e barcos coloreados polos alumnos de segundo. Ademais, elaboramos flores doblando diversos tipos de papeis superpostos. 
Aquí vos deixamos unha mostra do proceso.






lunes, 18 de abril de 2016

Macetas decoradas ao máis puro estilo mariñeiro

Nas seguintes imaxes podedes observar o proceso que seguiron os alumnos de 2ºA e 2ºB á hora de elaborar macetas. Parte delas foron feitas con envases de iogures reutilizados, tanto grandes como pequenos. Foron forrados con papel pinocho e decorados con peixes de cores e algas pintados por eles. Para pegar estes peixes ás macetas recicladas utilizamos Alkil® na aula de plástica, que tamén lle da un toque barnizado.