O noso Acuario


Enchendo o acuario.


O mércores, na hora do recreo unha "marea humana" conquistou o noso patio para axudar a transportar a auga do mar e encher con ela o acuario.
Un acuario que pouquiño a pouco vai collendo forma e que cada día ten un poquiño máis de cada un.


Viaxe dunha botella : Dende o mar ata a peceira.


Deixando todo listo para os primeiros inquilinos.



















O mar tocando o noso patio.


Rematamos os preparativos do acuario, e Paco aprémianos para enchelo, porque esta semana o mar estános petando á porta.















Aproveitando estas condicións imos realizar unha "marea humana" para levar o mar directamente ao noso acuario. Para elo precisamos novamente da axuda das nosas familias, aportando os recipientes co que recoller a auga. Cada alumno/a deberá traer unha botella (de 1,5 a 5 litros) que os profes encherán a pé de praia e os nenos e nenas transportarán formando unha cadea, traballando en equipo.



Funciona!!!!!!
 Tres, dous, un.... en marcha!
 Gracias ao noso técnico que o arranxa todo, todo, todo, estamos listos para  que dé comezo a aventura.
Despois duns retoques, posta en marcha e limpeza, Paco, o noso conserxe, asesor de montaxe e infraestructura, nos comunicou que todo está en orden. Aconsellounos que esperásemos tres días, que nós aproveitamos para ir organizando mentres está vacío.
Non vos perdades esta aventura e estade moi atentos, porque esto comeza. Contamos con vós, e agradecidos xa das mostras de interese e os ofrecementos recibidos. Coma sempre, sodes os mellores, e de seguro que desto, tedes moito que ENSINAR.


 


















Xa está aquí!!!!!!!!!

Comeza a segunda parte da nosa aventura, a máis esperada, a máis laboriosa e a máis emocionante. O noso propio acuario no cole.
Esta tarefa resultará moi enriquecedora para os nosos neno/as e para nós. Non só imos a realizar investigacións se non que imos levar eses coñecementos á práctica, dependendo de nós todo un hábitat mariño.
Como estades a sospeitar, para levar todo o isto a bon porto, imos a necesitar moita, moita axuda, Concello, Acuario de O Grove, Depuradoras e Cetáreas, e sobre todo, e como pilar fundamental, a implicación das NOSAS FAMILIAS, (que sabemos que contamos coas mellores). 
Pois ben, como o título nos dí, Xa está aquí, empezamos coa conta atrás.



 

 O noso agradecemento ao Concello por prestárnolo, e achegalo ao noso cole.
 E animámosvos a participar nesta aventura, así que se algún de vós quere axudarnos a poñelo en marcha, non tedes máis que escribirnos por aquí ou poñervos en contacto con nós no cole.  De seguro seredes ben recibidos.  

Alá imos!!!!!!

3 comentarios: