sábado, 5 de marzo de 2016

Semana da Prensa

  Do 7 ao 11 de marzo celébrase a Semana da Prensa, e no Valle Inclán ímonos a converter en expertos na materia. Temos preparadas varias actividades para que os nosos alumnos comuniquen nos medios todo o traballo que están a facer.

  O luns día 7 realizaremos unha rolda de prensa onde, logo de traballar a “entrevista” nas clases, convidamos a diferentes medios de comunicación para por en práctica o aprendido e contarlles a nosa travesía…
  O martes día 8 conmemoramos o Día da Muller, o cal llo adicamos ás mariscadoras. Presentaremos os nosos vídeos de “mariscadoras en 21 segundos”, recibiremos a visita dalgunhas mulleres deste oficio para que nos conten, de primeira mán, os segredos desta artesanal tarefa, tan representativo da nosa vila…
  O xoves día 10 un grupo de nenos e nenas do Valle Inclán presentarán o libro “A cor violeta dos pulpos”, traballo elaborado por un equipo de mestres do cole que contará coa participación dos nenos e nenas do cole que fixeron de ilustradores e contadores da historia…
  O venres día 11 completaremos a portada do noso propio xornal no cole, con noticias que contan todo o traballo realizado durante o curso dende a perspectiva dos propios protagonistas...


Irémosvos contando máis cousas, estade atentos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario