miércoles, 30 de diciembre de 2015
A clase das Ameixas vos desexa un Bo Nadal!
Os nenos e nenas da profe Chefi, de catro anos, felicítannos cos seus particulares noeles, e como non podía ser doutro xeito con cunchiñas de mar.
martes, 29 de diciembre de 2015
Profe, queremos saber...
...Por qué sube e baixa a marea?
e a profe Lía contestou "todo depende da lúa",
e investigando investigando,
unha ollada ao universo botaron,
e co sistema solar toparon.
Un futuro por construír, unha escola de arquitectos/as
Os nenos e nenas da clase do profe Oscar construíron unha batea, que agora loce colgada no pasillo do cole. Este aula de 6ºB, púxose mans á obra logo de indagar sobre o cultivo do mexilón e visitar o Museo do Mar en Vigo.
miércoles, 23 de diciembre de 2015
CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"
SODES OS MELLORES!!!!!!!! SABÍAMOS QUE PODÍAMOS CONTAR CON VÓS, FAMILIAS!!!! E coma sempre superáchedes as nosas expectativas. MIL, MIL, MIL GRAZAS.
O 16 de decembro converteuse nun día de festa, os nenos e nenas do noso cole reivindicaron os dereitos que como persoas temos, e correron unha carreira simbólica na que cada km tiña un prezo. As familias adoptaron o papel de patrocinadores destes grandes corredores e aportaron a parte económica do acto. Constituíndo unha máis que xenerosa colaboración.
Cada curso correu os metros que os mestres especialistas en ed. Física asignaron atendendo ás capacidades dos alumnos/as, e realizou a lectura dun artigo dos Dereitos Humanos traballado na clase, para elo levaban uns dorsais co nome elixido por cada grupo aula para o seu equipo, quedando a lista de participantes cun sabroso sabor a mar.
5ºA--------Xardas do Grove
Como non podía ser doutro xeito, un día tan especial, quedou recollido nun video grabado e editado polo noso compañeiro, o mestre Alejandro, preme na imaxe para velo...........e atento/a ao final do mesmo, porque os profes non podíamos ser menos!.

4ºEd Infantil---Cangrexos
6ºEd Infantil--Golfiños
1ºB--------Luras
2ºB----Tiburóns
3ºA--------Marlíns
3ºB--------Nocras
4ºA--------Golfiños Mariños
4ºB--------Polbos Corredores
5ºA--------Xardas do Grove
5ºB--------Os Camaróns
6ºB--------Vieiras
Como non podía ser doutro xeito, un día tan especial, quedou recollido nun video grabado e editado polo noso compañeiro, o mestre Alejandro, preme na imaxe para velo...........e atento/a ao final do mesmo, porque os profes non podíamos ser menos!.
Mil grazas, familias! É un pracer contar con vós no equipo.
martes, 22 de diciembre de 2015
Tarefa: Coñecemos O Grove.
O grupo da profe Lía, 5ºB, investigou, posto que así lle correspondía ao seu nivel, sobre as posibilidades de ocio no noso pobo, coa intención de dalo a coñecer a outras xentes.
Esta profe introducíu o mundo dos mapas mentais nos seus alumnos como método de sínteses e técnica de estudo. Se queres botarlle un ollo ao resultado, pica no enlace de abaixo.
Esta profe introducíu o mundo dos mapas mentais nos seus alumnos como método de sínteses e técnica de estudo. Se queres botarlle un ollo ao resultado, pica no enlace de abaixo.
lunes, 21 de diciembre de 2015
Contámosvos a nosa visita á praia.
Os alumnos/as de cuarto B, cóntannos coas súas palabras como foi a excursión que fixemos á praia o 17 de novembro.
Aquí vos deixamos o álbum de fotos para que poidades ver o ben que o pasamos.
Aquí vos deixamos o álbum de fotos para que poidades ver o ben que o pasamos.
E tamén un video coa mostra do traballo e coa carreira de cangrexos (neste aconsellámosvos que tapedes os oídos : )
sábado, 19 de diciembre de 2015
Bo Nadal!
De parte de todo o profesorado do cole, e utlizando un traballo realizado polos alumnos/as da sección bilingüe coa profe Silvia, desexamos que teñades unhas
FELICES FESTAS
lunes, 14 de diciembre de 2015
E agora é o turno de 5ºB
Os nenos e nenas da profe Lía investigaron sobre a traxectoria artística do noso veciño e amigo Gogue, e decidiron que, utilizando un ton en clave de humor, fosen os personaxes creados por el, os que contasen toda a información recollida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
sábado, 12 de diciembre de 2015
Investigando as Illas Atlánticas.
Como parte do traballo de "Elas que son terra firme", os nenos e nenas de cuarto B realizaron unha investigación sobre as catro illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Aproveitando a circunstancia catro equipos catro illas, formamos os grupos de expertos que, unha vez rematada a investigación, tiñan que expoñer o seu traballo aos demáis equipos.
En primeiro lugar, documentación, para o cal utilizamos os recursos aportados polos equipos de mestres no blog do proxecto e a nosa sesión semanal de biblioteca.

Na nosa aula, elaboramos os carteis que nos ían servir como soporte á hora de expoñer.

Este foi o resultado dos carteis:
Por último, o ensaio do discurso e posta en escea, xa que os nosos compañeiros de carto A e sextos, se brindaron a acudir como público da nosa conferencia. Pero iso.....é outro capítulo que vos contaremos próximamente e para o que contamos con videos!
jueves, 10 de diciembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)