domingo, 29 de noviembre de 2015
Presentámosvos a Serafín.
"El delfín Serafín" compañeiro nas aventuras mariñeiras dos nenos e nenas da clase de cinco anos que este curso "Viven tocando o mar".
6ºA collendo mañas.
viernes, 27 de noviembre de 2015
Museo do Mar e Cinema Submarino - Vigo
O
pasado 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos niveis 5º e 6º fumos de
excursión a Vigo. Levantámonos cedo, pero valeu a pena. Primeiro visitamos o Museo do Mar de Galicia (ao ladiño da Praia
de Samil) un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos galegos
co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento. En pequenos grupo,
desfrutamos da exposición permanente na que puidemos ver documentos de vídeo e
audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da
pesca, e tamén as exposicións temporais. Había moito que ver, e case que non
nos dou tempo a velo todo: unha répica en gran tamaño do Beagle, o barco no que
viaxou Charles Darwin e que deu lugar
á “Orixe das especies”, un esquelete
dunha gran balea prehistórica, traxes de buzos de distintas épocas, un acuario no que non lle faltaba un bogavante que mudara a súa coraza ou ata ovos de quenlla…
Despois
dunha breve pausa para merendar, volvemos a subirnos no autobús para que nos
levara ao centro de Vigo. Alí, xunto con outros coles, asistimos a un enorme auditorio
para recrearnos con “O legado das Rías galegas”, un
documental que busca comprometérmonos na conservación dás nosas rías. A través
del somerxémonos nunha riqueza natural única e sorprendémonos coas estratexias
das especies para sobreviviren.
A
xornada foi moi productiva, pasámolo moi ben e voltamos con máis ganas de “vivir tocando o mar” un chisquiño máis…
Se
premedes na imaxe de abaixo, poderedes aceder ao álbum da saída!
jueves, 26 de noviembre de 2015
miércoles, 25 de noviembre de 2015
martes, 24 de noviembre de 2015
Deixame ensinarche
Os alumnos e alumnas de 4º B traballaron o curso pasado coa súa profe Laura a elaboración de pulpos de lá. Este curso a profe Tere decidíu embarcarse na aventura cos seus alumnos e alumnas de atención educativa de Infantil. E como non hai nada mellor que saber dunha cousa para poder ensinala, xuntáronse uns e outro e este foi o resultado.
E
X
P
E
R
T
O
S
EN PULPOS DE LÁ
4ºB e atención educativa
(Inf)

E
X
P
E
R
T
O
S
EN PULPOS DE LÁ

4ºB e atención educativa
(Inf)
lunes, 23 de noviembre de 2015
25-N: Elas que son terra firme...
Para conmemorar o Día Internacional contra a
Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, durante toda esta
semana temos no cole unha exposición baixo o lema “Elas que son terra
firme”. As Illas
Atlánticas son as nosas protagonistas, e a través deste traballo buscamos
coñecelas para, deste xeito, poder coidalas, protexelas e respectalas.
Nesta exposición, sita no espacio interclase dos niveis 1º
e 2º poderedes atopar:
- Un mapa do tesouso coas rutas para visitar estas catro Illas:
Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.
- A sús historia a través da literatura;
- Case 300 botellas coas mensaxes que todos os nenos do
cole lanzamos ao mar;
- As normas para coidalas e protexelas;
- Diversos libros que xiran en torno ao tema;
- Unha montaxe en vídeo das catro illas, acompañada da
voz dos nosos alumnos recitando as súas mensaxes;
- E varias cousas máis…
- E varias cousas máis…
Sumérxete con nós!
domingo, 22 de noviembre de 2015
Os nenos e nenas de 5 anos querían saber.........
miércoles, 18 de noviembre de 2015
Os nenos e nenas de segundo unha vez rematada a festa continuaron aproveitando as situacións de aprendizaxe que ela lles ofrecía, e así nolo relatan as súas profes Fefa e Maricarmen
Despois de facer a viaxe no turitrén e
percorrer andando as rúas da Praza do Corgo, continuamos o traballo na aula.
Aquí aprendimos a interpretar un billete
para unha viaxe en autobús: nome da empresa, hora e lugar da saída, nº de andén,
prezo...
Tamén trouxeron, os nenos/as, folletos de
prezos da Festa do Marisco e fixemos unha fotocopia para traballar a lectura
comprensiva dos mesmos: nº de festa, horarios de caixa, lista de mariscos,
prezos, orde alfabética dos alimentos...
Imaxinamos unha comida todos xuntos na
carpa, escollendo un prato para cada un e calculando o total do gasto, cal era
p prato máis barato/caro...
Por último entramos nunha páxina web do
municipio de O Grove e fomos vendo as distintas rúas, barrios e zonas, onde
viven os nenos/as.
sábado, 14 de noviembre de 2015
A clase dos golfiños.
(La clase de los delfines).
Os nenos e nenas de infantil, metidos de cheo entre nasas, barcos e mariñeiros, escolleron as súas mascotas. A clase da profe María José, de 5 anos, traballará os golfiños, así os seus alumnos/as convertiránse en expertos aprendendoo todo sobre eles, empezando por saber escribir o seu nome. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que traballan.
lunes, 9 de noviembre de 2015
De visita por O Grove
Os días 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, e mentres o pobo se preparaba para a Festa do marisco, os alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria sairon do cole para aproveitar tódalas oportunidades de aprender que este acontecemento ofrecía.
Visitamos a Exposición de fotos titulada "Baixamar" sita na sala das cunchas do concello, e que nos servíu de modelo para facer as nosas.
De camiño á exposición paramos no paseo onde estaban a traballar os escultores, alí puidemos ver como realizaban as súas esculturas así como conversar con eles en inglés, para o que nos preparou a profe Mela.
Puidemos ver como traballaban as mariscadoras, e como se vendía o producto na praza.
Pasámolo super ben na viaxe no turitrén, que nos servíu como medio de transporte.
Foi moi divertido, e deixámosvos este video como mostra delo.
Visitamos a Exposición de fotos titulada "Baixamar" sita na sala das cunchas do concello, e que nos servíu de modelo para facer as nosas.
De camiño á exposición paramos no paseo onde estaban a traballar os escultores, alí puidemos ver como realizaban as súas esculturas así como conversar con eles en inglés, para o que nos preparou a profe Mela.
Puidemos ver como traballaban as mariscadoras, e como se vendía o producto na praza.
Pasámolo super ben na viaxe no turitrén, que nos servíu como medio de transporte.
domingo, 1 de noviembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)