lunes, 23 de noviembre de 2015

25-N: Elas que son terra firme...

Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, durante toda esta semana temos no cole unha exposición baixo o lema “Elas que son terra firme”. As Illas Atlánticas son as nosas protagonistas, e a través deste traballo buscamos coñecelas para, deste xeito, poder coidalas, protexelas e respectalas.


Nesta exposición, sita no espacio interclase dos niveis 1º e 2º poderedes atopar:

- Un mapa do tesouso coas rutas para visitar estas catro Illas: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

- A sús historia a través da literatura;

- Case 300 botellas coas mensaxes que todos os nenos do cole lanzamos ao mar;

- As normas para coidalas e protexelas;

- Diversos libros que xiran en torno ao tema;

- Unha montaxe en vídeo das catro illas, acompañada da voz dos nosos alumnos recitando as súas mensaxes;

- E varias cousas máis…


Sumérxete con nós!


No hay comentarios:

Publicar un comentario