miércoles, 18 de noviembre de 2015

Os nenos e nenas de segundo unha vez rematada a festa continuaron aproveitando as situacións de aprendizaxe que ela lles ofrecía, e así nolo relatan as súas profes Fefa e Maricarmen



    Despois de facer a viaxe no turitrén e percorrer andando as rúas da Praza do Corgo, continuamos o traballo na aula.

    Aquí aprendimos a interpretar un billete para unha viaxe en autobús: nome da empresa, hora e lugar da saída, nº de andén, prezo...

    Tamén trouxeron, os nenos/as, folletos de prezos da Festa do Marisco e fixemos unha fotocopia para traballar a lectura comprensiva dos mesmos: nº de festa, horarios de caixa, lista de mariscos, prezos, orde alfabética dos alimentos...

    Imaxinamos unha comida todos xuntos na carpa, escollendo un prato para cada un e calculando o total do gasto, cal era p prato máis barato/caro...

    Por último entramos nunha páxina web do municipio de O Grove e fomos vendo as distintas rúas, barrios e zonas, onde viven os nenos/as.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario